Saltar ao contido principal

Non era so unha película

A ver a que vos recorda isto... Agarrádevos ao asento.



A moitos viríanvos á cabeza algunhas imaxes de "La Ola", e moi especialmente da súa memorable secuencia final (ver AQUÍ), con toda esa posta en escena friki e ridícula a base de matóns, caras de malas pulgas, e un respecto artificioso e esaxerado cara a figura dun líder. Pero é que "La Ola", igual que a propia Historia, non é so unha película, senón a reconstrucción dun feito real. E sobre todo, a oportunidade impagable de poder aprender do pasado.

Isto sucedeu hai menos de quince días. Feito o reconto de votos nas eleccións nacionais de Grecia, salta a sorpresa: o partido neonazi "Amencer Dourado" logra o 6% dos votos, que equivale a 21 asentos no parlamento grego. Nas eleccións anteriores, en 2009, non acadaran nin un só escano. Pero a crise, o desemprego, o paro masivo, a decepción política e a inxustiza social crecentes alimentan nunha parte da poboación a frustración necesaria como para recorrer á desesperada aos extremos... Incluso aínda que o extremo se chame neonazi e consista en impoñer o temor, a censura, a violencia e ata a forma de pensar, estar ou sentir.

A escena foi tan lamentable como as primeiras palabras do seu líder: "Temédenos, que xa chegamos". Entre as súas ideas, aparte de atemorizar aos xornalistas e os que non comulguen con eles, figura a de disparar e bombardear aos inmigrantes que pretendan entrar no país. E xa sabedes todo o que virá despois: eliminación de liberdades, militarismo, ditadura férrea, control crecente, asfixia total. Así que, agora e sempre, sede críticos, estade alerta... Recordade a Historia.



Comentarios

  1. Marcela19/5/12

    Sinceramente estou de pedra... o mellor que podían facer era coller e marchar todos, que se queden sen protagonismo.
    Paréceme que somos tan tan tan ignorantes... é ver a boca do lobo e correr en círculos, non somos capaces de pensar, non somos capaces en moitas veces de sacrificarnos, preferimos sacrificar á un grupo da poboación (e se non hai ningún diferenciado, xa o inventaremos) para que a nos non nos toque a parte mala. Cando o máis eficiente sería b loitar todos xuntos B, non clases contra clases, etnias contra etnias, razas contra razas, rexións contra rexións... o problema é suficiente como para que comecemos outro.

    ResponderEliminar
  2. Opino coma ti Marcela. Cando o vin, cabreeime coa reacción débil e tímida dos xornalistas (salvo a valente que protesta); non podía entender cómo non se marcharon todos da sala. Acaso non se di sempre que a prensa é o "cuarto poder"? Nada fai tanto dano a esta xente como unha sala de prensa baleira. A quen ía chegar a súa mensaxe sen os medios de comunicación?

    Habería que ver como reaccionariamos alí... Moitas veces, o noso modo de reaccionar en momentos inesperados e impactantes coma este, poden definir ben como somos cada un de nós. Isto pedía negarse, erguerse, e irse co micro e o caderno a outra parte, a escribir unha crónica ben corrosiva, das que meten o dedo na chaga.

    Algo tarde se cadra, pero reaccionaron o pasado domingo, facendo unha sentada noutra roda de prensa. Aquí está:
    http://www.publico.es/internacional/433009/sentada-de-los-periodistas-ante-el-lider-neonazi-griego

    ResponderEliminar
  3. Sandra22/5/12

    Alucino!! primeiro: cómo se pode dar o teu voto a esta xente??? e segundo: cómo eses periodistas non se erguen e se largan de ahí?!!! Qué desastre!! buf...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d