... and Know your History!
Mantén a calma e sigue adiante A liberdade está en perigo. Deféndea con toda a túa forza. A túa coraxe, o teu ánimo, a túa resolución, levarannos á vitoria |
Reino Unido, 1939. Temeroso de Hitler, o goberno británico estuda a forma de subir a moral dos cidadáns ante unha máis que probable invasión xermana do país. Como proba, imprímense estes tres carteis, todos de deseño moi básico e con sinxelos elementos en común: fondo nunha cor, tipografía clara e a coroa británica como símbolo de unión e apoio. Pero finalmente a invasión alemana nunca se deu e estes carteis apenas chegaron a difundirse e coñecerse durante a guerra, ou despois dela.
Ata que no ano 2000 un libreiro inglés atopou unha copia dun deles entre as páxinas duns libros vellos que adquirira nunha subasta. Ao enmarcalo e colgalo na súa tenda, pronto se viu enormemente sorprendido polo gran interese que o cartel espertaba en todos os clientes.
O seu deseño sinxelo pero á vez distinguido, así como un lema moi apropiado para múltiples circunstancias, foi facendo do cartel un obxecto de deseño. Tanto que, como sabedes, a última moda consiste en cambiar parte do texto por frases irreverentes, irónicas ou do máis cómico.... Cal é o voso lema favorito?
Espero que vos gustase esta historia...
Xa sabedes, Keep Calm... e Historia ao poder!
Ultimamente teño visto este deseño en carcasas para o móvil, libretas, vinilos, coxíns, etc. Sabía a historia máis ou menos e gustoume. Penso que como xa se está facendo pódese utilizar este lema en moitas circunstancias e é que ademais anima, así pois..." Keep calm and carry on " :-)
ResponderEliminarUala! Non sabía iso! Claramente a miña preferida é Keep Calm and Eat Chocolate...jajaja Grazas por esta cómica anécdota Miguel :D
ResponderEliminarJajajaja... Si, entre "Eat Chocolate" e "Study Hard", eu tamén me quedo coa primeira! Tería máis dúbidas co de chamar a Batman... viríanos de perlas un morcego xusticieiro tal como está o mundo.
ResponderEliminarSempre é un bo consello este de manter a calma... O grupo Siniestro Total, nos 80, tamén o fixo seu cando titulou un dos seus discos cun "Ante todo mucha calma"... Coñecerían a historia destes carteis? :)