Mirar a educación con ollos de neno. Esta foi a elección de Francesco Tonucci, un pedagogo e debuxante italiano que leva corenta anos retratando as aulas e o sistema educativo. Con ollos de alumno, pero tamén con ollos do mestre lúcido que foi. Nos seus debuxos sobre a educación, extraordinariamente críticos (e necesarios), o que vemos son nenos rodeados de adultos que non os entenden, nin os escoitan.
Cada ilustración é unha crítica mordaz. Pero no fondo, paréceme que esconde un verdadeiro amor polos nenos e pola escola. Ademais de denuncia útil, o que asoma son unhas enormes ganas de renovar todo aquilo que el ve que se pode mellorar: abrir as escolas ao mundo, reducir os deberes para casa, dar un papel máis protagonista aos rapaces na súa formación, divertir ao ensinar, ou a urxencia de lograr alumnos (persoas) motivadas, e con curiosidade por aprender.
E o meu favorito...
Grazas Tonucci.
Que falta nos fai a túa mirada...
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por comentar!