13/05/16

Gañadores do IV Concurso CineHistoria

13/05/16

Xa temos gañadores!
Ana, Marisé e Mayca. Gañadoras, por esta orde, do IV Concurso CineHistoria... E Pablo. Gañador do Concurso CineHistoria de fotopropostas, vía Instagram

É unha gozada poder premiar, por cativo que o premio sexa, a ilusión, a creatividade, o talento ou o esforzo dun alumno. Pero co que de verdade me quedo, despois destes días, é coa complicidade que amosastes durante todo o proceso, e moi especialmente quédome coas vosas caras de hoxe. As das gañadoras, por suposto, pero tamén as das case 60 persoas que esta mañá nos xuntamos nunha soa clase. Alí había sorrisos, expectativas, espírito de xogo, e sobre todo había algo en común que nos unía... ilusión. E non podendo premiar a todos, oxalá vos quede como a min, ademáis dunha enorme lista de boas pelis, a seguridade de que tamén en clase se pode vivir algo moi especial... Lamentablemente, só podía escoller tres. E estas foron as elixidas! Tres críticas que nos empurran a loitar por atopar unha luz cando as cousas sen poñen feas.

1ª Mellor Crítica 
"La lista de Shindler",
por Iron Man (Ana Sastre)

Una historia blanca y negra pero vestida de rojo. Un rayo de luz en tiempos de inmensa oscuridad, en los que mucha gente pudo recuperar la fe en el ser humano. Creo que no hay mejor manera de abrir los ojos a los demás que con una película y así sumergirse en la búsqueda de la cordura en tiempos de maldad.

2ª Mellor Crítica
"La vida es bella",
por Risto Mejide (Marisé López)

"Pienso en ti princesa, pienso siempre en ti". E ti, que pensarías se de súpeto a túa vida dese un xiro rotundo? Se a túa liberdade dependera da ideoloxía duns cantos? Que sería iso que terías na mente se te encontraras nun campo de concentración loitando por que a vida do teu pequeno fillo non se baseara nuns tristes recordos dunha época de tristeza e dor? Cada persoa actuaría dunha forma diferente pero resulta agradable contemplar como ás veces traxedia e humor poden ir collidas da man e como a felicidade e o positivismo todo o pode. É unha peli para decatarte de que ti podes melloralo todo cun sorriso.

3ª Mellor Crítica
"Good bye, Lenin",
por Narem (Mayca Álvarez)

Como afrontaríamos espertar un día nun mundo paralelo e ter que crer nalgo que non cremos? Ou polo contrario, como manteríamos a mesma perspectiva da vida cando esta fixo un xiro ideolóxico de 180º?


Non me podo esquecer dos que participasteis a través de Instagram co hashtag #amiñapeliparacaronte, votando as películas coas que premiar estas críticas (as tres que finalmente entreguei ás gañadoras). Disfrutei moitísimo coas vosas fotos, e a verdade é que non podía deixar unha colaboración tan fermosa sen premio. Novamente había que elixir a máis orixinal e, neste caso, escolleron precisamente os que escribiran as críticas para o Concurso CineHistoria. Pechábase así un fermoso círculo. O gañador resultou ser Pablo, cunha imaxe na que imitaba a impactante caracterización do protagonista de American History X, precisamente para propoñer esa peli, con toda a forza dese filme.

Parabéns Ana, Marisé, Mayca e Pablo!
E moitas gracias a todos por sumarvos con ilusión a este xogo!

Recibe os contidos no teu correo

1 comentario

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK