10/06/16

Tempo para un Chico Sabio

10/06/16

Este ano escribo pouco en Caronte, e algúns lectores amigos réñenme de vez en cando. Como Paula, que me dixo en clase (con cariño) que o teño un pouco abandonado... ou como Alberto, que entre chimpo e chimpo sobre unha bici, de vez en cando rouba horas á noite para rebuscar vellas moedas no fondo deste bote. E non, non é cuestión de que estea vivindo menos, ou de que teña menos ganas de compartir con vós os achádegos, ideas ou proxectos que atopo cada día. Pero, ás veces, e vós sabédelo ben (especialmente agora, que andamos en exames), non queda outra que deixar o importante para poder atender o urxente. E mentres, o mellor que podemos facer e ir anotando con paciencia todo aquilo que o tempo non nos deixa pararnos a contar. 

Pero con permiso de Chronos, hai xa semanas que quería compartir con vós unha historia. Porque as boas historias, aquelas das que todos podemos aprender algo, están feitas para ser contadas. Como a de Selen Agudi. Selen ten 24 anos e naceu en Mali. En 2006, con só 12 anos, foi obrigado polos seus pais a marcharse da casa. E aí empeza un camiño tan escuro e tan duro que nin sequera querendo seríamos quen de imaxinalo. Estremece escoitalo porque explica coma ninguén, a través do que tivo que vivir, como somos e como é o mundo que hai aí fóra. Ese que só podemos cambiar nós. Selén é un heroe sen capa. Unha desas persoas que, sen pretendelo, resulta un exemplo de vida, porque ensina a vivila, a aproveitar as oportunidades, a mirar adiante e a non renderse nunca.

"Y sé que ella, aunque no me lo diga, estará orgullosa de mí"

Por favor, facede clic e mirádeo.
Prometo que non o esqueceredes facilmente... 


Noutras ocasións (aquí) teño falado da enorme calidade do programa Informe Robinson, así que non engadirei máis do que xa contei alí. Cada entrega é unha moeda, un tesouro, un conto con alma. Como o de Chico Sabio.

Recibe os contidos no teu correo

2 comentarios

  1. Paula11/6/16

    Definitivamente, la espera ha merecido la pena.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Imos ver se volvemos axitarlle un pouco as augas a Caronte!

      Eliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK