06/12/16

De profesores, adolescentes e leis inhumanas

06/12/16

Ás veces, en conversas con persoas que non coñezo, tócame dicir que son profesor. Gústame moito, por curiosidade e porque teño algunhas ideas ao respecto, fixarme na reacción que iso produce nos demais. E podo asegurar que nunca, nunca, ninguén me respondeu cun: "Pois que sorte tes. Encantaríame poder traballar con adolescentes"


Moi ao contrario, case sempre observo o mesmo tipo de reacción na persoa que teño diante. Soen mirarme de esguello durante un par de segundos, que é o que tardan en sopesar se deben ou non compartir comigo a súa opinión sobre o tema, para a continuación comentar, en tono entre compasivo e confidente: "Pois compadézote. Porque tal e como está hoxe a xuventude...". Nunca calo ante este tipo de resposta, porque igual que me gusta tomar nota da reacción, tamén me gusta contradicilos e facerlles ver que eu si me sinto afortunado e orgulloso de traballar con rapaces. Porque é un reto contínuo, porque esixen moito de min e porque sempre aprendo con eles.

Este é un enorme exemplo diso. Larissa Martínez, a mellor alumna do seu instituto en Dallas, Estados Unidos, aproveitou o seu dereito (gañado por ela mesma) a dirixir ao público unhas palabras na súa gala de graduación. Lonxe de achantarse ou de perderse en trivialidades, palabras baleiras ou lugares comúns (algo ao que tristemente os temos acostumados), Larissa elixiu golpear cunha historia inesperada e brutalmente didáctica: a súa.

Por favor, non a perdades:

Un discurso valente e honesto, e que se escoita con gusto porque, aparte dun exemplo de superación, é unha auténtica lección para todos aqueles que confunden legal con lexítimo, lei con xustiza, ou país con coto privado. Non hai humanos ilegais, hai leis inhumanas. Vedes? Esta tamén é a nosa xuventude.

Recibe os contidos no teu correo

1 comentario

  1. Anónimo6/12/16

    Ben dito, Larissa!! E ben dito, Miguel!!

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK