24/02/17

A mirada da tartaruga

24/02/17

Era xuño deste ano. Tres millas ao sur de Tenerife. O fotógrafo submariño Francis Pérez saíra á busca de baleas, pero ese día deparáballe unha experiencia tan dramática como fermosa, que non ía esquecer na vida. Unha experiencia que soubo captar nunha imaxe que é única. Por como nos retrata; polos premios que a recoñeceron e, sobre todo, pola intensidade desa mirada. 



A que vedes é a fotografía do ano 2017 na sección de Natureza segundo o prestixioso World Press Photo. Pero baixo a máscara das vibrantes cores, a captura retrata o brutal impacto da actividade humana sobre a vida mariña. Unha agonía que sobrecolle e que, afortunadamente neste caso, rematou poucos minutos despois de tomar a imaxe.
"Me impresionó ese primer plano de su cabeza. Esos ojos que parecían decir: Mira lo que me hicieron. Es un golpe al espectador. Y la liberamos para que no sufriera más".
Encántame esa man cálida e tenra que, tras liberala, a toca con suavidade, como pedíndolle perdón e animándoa a seguir. E por suposto encántame a reacción cálida dunha tartaruga que, curiosa, parece non comprender como é posible que haxa humanos que, lonxe de tirar redes, tamén son capaces de aparecer da nada para cortalas e salvar a vida a un animal.

Recibe os contidos no teu correo

0 comentarios

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK